aRtropocode 2014

Simbioses creativas entre corpo(s), tecnoloxía(s) e ecoloxía(s)

network23.org_artropocode_files_2014_06_cropped-banner_fb1.jpg

O sumerlab é un encontro aberto no que persoas creadoras, investigadoras e artivistas xúntanse nun clima de cooperación e troca aberta, para compartir coñecementos (educación expandida) e desenvolver proxectos transdisciplinares (prototipado e producción) utilizando tecnoloxías e licencias libres.

No aRtropocode 2014 contaremos cunha mestura de persoas e colectivos chegados de toda a Península e pontos internacionais, xunto a persoas e colectivos galegos, traballando en rede e potenciando o contexto local. Este ano o encontro terá lugar na NORMAL.

Para ver máis novas visita o noso blog

Nodos aRtropocode Summerlab 2014

Está organizado ao redor de nodos libremente propostos -grupos de traballo temáticos - que, a través do natural proceso de interacción xera oportunidades de aprendizaxe aberta e colaboracións emerxentes. Estes nodos traballan en mesas ou espazos definidos pero non pechados, para promover a interrelación e a participación de asistentes ao SummerLab.

A nivel de contidos en desenvolvemento, podense atopar investigacións en liñas experimentais como a impresión dixital 3D orientada a próteses corporais, hardware libre orientado a un modelo aberto de ciencia, a revolución tecnolóxica da filosofía da diversidade funcional,ou propostas performativas que integran drones (vehículos aéreos non-tripulados) e sonifican o movemento dos corpos no espazo, por poñer algúns exemplos.

Presentacións e conexións telepresencia (streaming)

Programa

Hora Mércores Xoves Venres Sábado Domingo
11:00 Distribución do espazo para as mesas de traballo Ioga Recollida
12:00 Asemblea inicial
14:15 Comida
16:00 Desenvolvemento das mesas de traballo Desenvolvemento das mesas de traballo
18:00 Desenvolvemento das mesas de traballo debate fabricación de prótesesobradoiro de creación obxectos sonoros
19:00 Desenvolvemento das mesas de traballo Conexión en liña (streaming) coas xornadas do MUSAC(León)
19:30Presentación das mesas de traballo
20:30 Vuelo 777. La segunda oportunidad xeoPesca Proxecto Cárcere
21:15 Microprojects Nuvem
21:30 Abioxénese: un proxecto de instalación interactiva
22:00 Fin da sesión diúrna de traballo Saída de NORMAL cara á festa de despedida

Sobre o uso desta WIKI

artropocode.txt · Última modificación: 2014/09/19 18:57 por artropocode
 
Recent changes RSS feed Donate Powered by PHP Valid XHTML 1.0 Valid CSS Run by Debian Driven by DokuWiki