Ω

A nosa proposta para compartir no summerlab é a composición coreográfica a tempo real a partir da apropiación por parte dos corpos dos significantes que relaciona a ley de Ohm: intesidade, resistencia e diferencia de potencial. Así como a búsqueda do universo sonoro asociado.

Participantes no proxecto:

As performers e bailarinas Nuria Sotelo e Clara Ferrao aportan o seu corpo e dinámicas físicas aos encontros. A práctica física diríxese a eliminar resistencias nos corpos, as mentes e as enerxías a través do traballo coa intensidade e a repetición.

Macarena Montesinos, violoncellista, experimentadora sonora e actualmente estudante de Belas Artes, traballará na búsqueda do espazo sonoro. Macarena baséase na improvisación libre e na creación de artefactos e escenografías sonoras.

A necesidade fundamental para a nosa proposta é un espazo amplo, cálido, con chan axeitado para a práctica física e coreográfica e coa posibilidade de amplificar o son. Nós poderiamos aportar altofalantes se fose preciso.

Interésanos atopar dispositivos xeradores de son a tempo real a través do corpo e o movemento. Os perfis dos colaboradores específicos son persoas que nos poidan guiar nesta búsqueda; tamén nos interesan as próteses.

Algunhas anotacións que inspiran a nosa investigación:

  • ¿É preciso un discurso intelectual dirixido a que o corpo xere discurso?
  • Un corpo impregnado do seu contexto.
  • A memoria física das reaccións corporais a ideas, pensamentos, conceptos, emocións, artefactos, imaxes, sons, temperaturas, texturas.
  • Investigar o tránsito por estados mentais e enerxéticos inducidos pola experiencia física, o entre xeradopolos corpos en movemento.
  • Ir ao encontro dunha práctica coreográfica efémera, atenta ao acontecer do intre, non repetir o fixado, o morto, non adormecerse na lembranza.
  • Actualizar.
  • Desfacerse do innecesario, do accesorio.
  • Limitar os símbolos, as verbas e a información que transmiten.
  • Xogar coa forza do oculto, do non dito, do que se agocha.
  • Sentidos abertos para o encontro co inesperado.
  • Ás veces dame a impresión de que todo son reencontros.
  • Transformación, dualidade, mutación cara o oposto.
  • Mutación nos corpos, nas relacións; a fortaleza convírtese en vulnerabilidade, a observadora en observada, a que analiza muta en obxecto de estudo, a carne mistúrase.

Contexto de investigación do corpo humán como sistema que reproduce macro e microsistemas; medición, baremación, desviacións con respecto á norma. Por outra banda tratamento ontolóxico da materia.

Artiluxios quirúrgicos, mecanismos de medición de parámetros intanxibles…

Dous corpos son un, con varios membros, dous torsos cunha perna, varios membro dun corpo, próteses….

17 de setembro

Clara e Nuria chegamos á Normal; toma de contacto, saúdos, unha volta polos nodos…esto promete

Na primeira Asamblea aínda non estamos todas pero é dabondo para ver a marabillosa diversidade e as curiosas conexións entre nodos.

A primeira hora da tarde, aprobeitando A Coruña, achegámono á praia para rematar de aterrar e conectar os corpos.

Conversamos con Álvaro Muñoz, http://wiki.gpul.org/juntiki/doku.php?id=artropocode:kineo que nos descubre novas posibilidades de interacción escénica, xa que propón un circuito de interacción cun hardware inalámbrico cunha área de acción de ata 70 metros; o que lle da maior liberdade de movemento ás bailarinas.

Coa xente de Bricolab intercambiamos inquedanzas e posibilidades. En Ω gustarianos ter unha mascota robot interactiva. Axúdannos a ver posibilidades e pásannos contactos en Ourense http://lamolinera.org e http://www.aulastecnopole.com que nos poden axudar coa construcción da nosa mascota.

18 de setembro

Primeira clase de Ioga con Iria que nos acompañará durante tódalas xornadas para un bo comezo do día.

Ás 11 Aniara http://wiki.gpul.org/juntiki/doku.php?id=artropocode:basica_transmutacion e Maite levan a cabo unha recollida colectiva de plantas pola cidade.

Nós, moi ao noso pesar, non podemos asistir porque facemos unha xornada matutina de corpo con Rut Balbís http://www.pisandoovos.com, bailarina galega residente habitual de Normal e que ven de traballar no anterior proxecto de Licenciada Sotelo http://www.licenciadasotelo.com/?page_id=868

Pola tarde o espazo comeza a ser invadido por plantas e cheiros.

Tucho de Bricolab achéganos máis ao funcionamento dun arduino; temos un nas nosas mans e cacharreamos un pouquiño. Propomos un taller de corpo xa que na edición de Artropocode do ano pasadp fora unha experiencia moi boa para todas. Non se chegou a levar a cabo; demasiadas cousas que facer, poucos días….

Nuria traballa co corpo de Clara coma se fose o seu propio corpo.

Achegámonos á resistencia dende diferentes lugares:

-buscamos imaxes de resistencia política para formar parte dunha secuencia de repetición de movemento

-exploramos a resistencia de unha mesma a unha mesma a través de diferentes pautas: comezar unha acción que o propio corpo impide, resulta un traballo esgotador para Clara, pero para a que observa é super interesante a exteriorización da loita interna

Exploramos a tensión levando o movemento máis alá de sí mesmo a través da máxima elongación de dous opostos buscando camiños inesperados no seu desenvolvemento.

Introducimos pequenas pautas de ruptura coma o shaking de partes, o movemento fluido e o entrecortado.

19 de setembro

Macarena íase incorporar nesta xornada pero contratempos impídenlle desprazarse ata Coruña; ooooohhhh….botámoste de menos Maca!!

Aniara proponnos unha improvisación con fiuncho e con Carlos Suarez interaccionando sonoramente con nós. É unha experiencia moi interesante aínda que demasiado curta. O traballo co fiuncho daría para explorar durante moito tempo, o cheiro a textura, a estructura, a cinética da propia planta…

Planexamos unha sesión de traballo con Xabi http://wiki.gpul.org/juntiki/doku.php?id=artropocode:dance-j que non levaremos a cabo ata o sábado pola mañá. Interesante interacción entre corpo e son a través da kinet

Nuria e Clara continúan a traballar con toda Clara: mente, enerxía e corpo.

Comezamos cun traballo coas mans xa que é un punto débil de Clara; exploramos texturas, temperaturas, formas, acenos cotiás…queremos que as mans estean vivas.

Tamén lle damos importancia á ollada que pola concentración tende centrarse no chan.

Continuamos coas pautas e conceptos explorados o xoves.

Existe unha gran evolución por parte de Clara no xeito de abordar as improvisacións. As dúas estamos moi contentas co traballo da outra.

Beka facilítanos enlaces para abordar as improvisacións con novos sons: conectamos especialmente con Pechblenda https://soundcloud.com/search?q=pechblenda e co traballo de Madamme Cell en colaboración con Mónica de Nut http://www.alg-label.com/OFF-Opera-Fonetica-Forte

20 de setembro

A tope!!! Último día.

Conexión streaming, muestras de trabajo, colaboraciones finales…

Nosotras, Lot, Xabi y Carol con Básica transmutación, Clara y Nuria con Dance-J Node, Xabi con Ω….unos nodos con los otros, conexiones a tope.

Fiesta final en el Portiño, música, danza, nosotra nos ponemos pelucas de colores brillantes y nos transformamos. No nos queremos ir!!!!

Gracias otro año más Artropocode!!!!!!

artropocode/ω.txt · Última modificación: 2014/09/23 21:50 por artropocode
 
Recent changes RSS feed Donate Powered by PHP Valid XHTML 1.0 Valid CSS Run by Debian Driven by DokuWiki