Descripción

Esta sesión será unha presentación do proxecto xeoPesca e a experiencia do software libre no sector da pesca.

  • Data: Xoves 18 de Setembro.
  • Hora: As 20:30

Resumo da aplicación

xeoPesca ten como obxectivo principal a creación dun rexistro da actividade pesqueira da flota de barcos dun armador. Esta solución informática ofrece a creación dun rexistro da actividade pesqueira que lle achegará vantaxes competitivas, como son:

Facilitar o intercambio de información entre patrón e armador Análise dos recursos mariños para optimizar as capturas en función da experiencia previa rexistrada no sistema. Este cálculo de zonas con maior frecuencia pode ser axustado a diferentes variables como a temperatura, a dirección do vento, a fase luar… entre outras. Ofrecer un valor diferencial á hora de comercializar as capturas, xa que permite unha maior trazabilidade alimentaria.

Tecnoloxías empregadas

A solución desenvolta é unha aplicación web que se realizou baixo a metodoloxía iterativa incremental. Entre as ferramentas empregadas destacan Java, PostGreSQL, PostGis, Hibernate Spatial,OpenLayers, Maven, GeoServer.

Contidos da presentación

(en construccion).

1. Para que serve xeopesca?

2. Cales son suas finalidades?

3. Código libre e pesca sustentable?

4. Como colaborar?

artropocode/xeopesca.txt · Última modificación: 2014/09/08 12:30 por artropocode
 
Recent changes RSS feed Donate Powered by PHP Valid XHTML 1.0 Valid CSS Run by Debian Driven by DokuWiki